Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Urbanismo
 
 

 


Casco Histórico » Reseña Histórica

Reseña Histórica

Ampliar Foto...
Historicamente Allariz aséntase sobre un castro posteriormente romanizado. O topónimo procede do s.VI coincidindo coa presenza sueva, na que denominaron como “Vila Aliaricii”.

No s.X prodúcese na zona a chegada dos repoboadores beneditinos e o levantamento da primeira ermida na Barreira. No s.XI o rei Afonso VI manda construír o castelo de Allariz e as murallas.

Durante o reinado de Afonso VII, no s.XII, concédeselle á Vila o Foro que a converte en Vila real a partir de entón. Como feitos sinalados da súa historia destaca a participación da súa poboación na guerra irmandiña no s.XV. Durante os s.XVI e XVII construíronse casas fidalgas.

No s.XIX danse unha serie de desastres entre os que destaca a invasión napoleónica do camiño de Portugal e a desamortización, que supuxo o desmonte do castelo e a desaparición da maior parte da muralla.

Durante o s. XX a vila vive unha prosperidade económica grazas á ocupación do tratamento do liño, e sobre todo, a través da fabricación de curtidos de coiro aproveitando a forza hidráulica do río, sendo este o principal sector industrial ata os anos 60.


ver enlace...Máis información sobre a Historia a través do Patrimonio

 


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Programa PAGUS

Administración Local - Perfil do Contratante
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting