Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Urbanismo
 
 

 


Casco Histórico » O PERI

O Plan Especial de Reforma Interior

Ampliar Foto...
vista aérea do Casco Histórico de Allariz
Concello de Allariz era consciente do potencial Histórico-Artístico e Monumental do seu Casco Histórico e que debía actuar nel de inmediato e baixo unhas pautas prefixadas que marcarían en boa medida o futuro de Allariz.

Encárgase a redacción do PERI a Consultora Galega que despois dun estudado traballo foi aprobado definitivamente o 9 de maio de 1995.

O PERI permitiu a sinatura de varios convenios encamiñados a recuperar espazos abertos e edificacións significativas e de gran valor etnográfico e artístico.

O Plan Especial do Conxunto Histórico de Allariz (PECHA) persegue fundamentalmente a rehabilitación integral de dito Conxunto e a posta en valor dos seus elementos máis significativos.


O PECHA posúe, de acordo cos seus obxectivos, unha dimensión dinámica, unha clara intención de intervir na realidade ordenada, que traspase a perspectiva puramente preventiva. É o instrumento do que se serve a Oficina Municipal de Rehabilitación para xerar e reintegrar tanto o parque de edificios deteriorados como as condicións do espazo urbano na súa totalidade, as súas infraestruturas básicas, dotacións, equipamentos e espazos libres do Conxunto Histórico.


Descargar Documento... Memoria do Plan de Reforma Interior
Descargar Documento... Normativa Urbanística do Plan de Reforma Interior

 


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Programa PAGUS

Administración Local - Perfil do Contratante
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting