Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Urbanismo
 
 

 


Oficina de Urbanismo » Información

Información

A Oficina Municipal de Rehabilitación sitúase no Casco Histórico, nunha casa adquirida e rehabilitada que cumple ao mesmo tempo a función de servir coma modelo de rehabilitación.

Ampliar Foto...
Oficina Municipal de Rehabilitación
Rúa Suárez, 21 32660 Allariz
Tlf. 988 55 40 06 Fax. 988 44 11 71
E-mail: urbanismo@allariz.com
Na súa recuperación mantívose o seu propio carácter, adecuando o seu uso ás necesidades da oficina dotándoa de sala de xuntas e exposicións, arquivo, aseo, atención ó público, despachos e zona de traballo. 

Conta con un equipo de traballo formado por:
- Un aparellador director da oficina
- Unha arquitecta
- Un delineante proxectista
- Unha administrativa.

 


Actividades da Oficina

O Plan Especial do Conxunto Histórico de Allariz (PECHA) persegue fundamentalmente a rehabilitación integral de dito Conxunto e a posta en valor dos seus elementos máis significativos.
O PECHA posúe, de acordo cos seus obxectivos, unha dimensión dinámica, unha clara intención de intervir na realidade
ordenada, que traspase a perspectiva puramente preventiva. É o instrumento do que se serve a Oficina Municipal de Rehabilitación para xerar e reintegrar tanto o parque de edificios deteriorados como as condicións do espazo urbano na súa totalidade, as súas infraestruturas básicas, dotacións, equipamentos e espazos libres do Conxunto Histórico.

Ampliar Foto...
Instalacións da Oficina
Esta Oficina de Rehabilitación asumiu como obxectivo a realización dos estudios e o establecemento das disposicións necesarias para a solución da problemática urbanística e arquitectónica deste Conxunto.

Aínda que a recuperación do patrimonio que encerra dentro de si o Núcleo Histórico teralles que corresponder nunha boa parte ós propietarios das edificacións existentes dentro del, serán as Administracións Públicas a quen lles corresponda o papel de dinamizador no proceso de rehabilitación.

O Concello de Allariz considera que a intervención nesta Área non debe de reducirse a determinadas fórmulas esquemáticas, o que supón a simple definición de normativas. A través da Oficina de Xestión da Rehabilitación Municipal realizou un estudio económico financeiro completo da realidade rehabilitadora do Núcleo, un estudio mazá por mazá, casa por casa e vivenda por vivenda.

O obxectivo é alcanzar un nivel adecuado das propostas desta Oficina, que nos levarán a unha intervención medida e mesurada, cun exhaustivo nivel de información, para o cal dispoñemos dun planeamento, o Plan Especial, co grao de definición adecuado á intervención que pretendemos realizar.

O fin, unha vez enmarcadas as posibilidades reais de intervención, é poder acometer a rehabilitación do N.A. na súa totalidade, que permita non só solucionar os seus problemas formais de conservación, senón dotar de calidade de vida este espazo antigo, pero vital para o entendemento da historia.

As pautas a seguir son:

1ª.- Nunha primeira intervención asesórase ó veciño de cómo debe ser a intervención para mellorar a calidade da intervención e con que obxectivo.

2ª.- Realizase unha visita á edificación para un primeiro diagnóstico e poder definir con máis exactitude a intervención.

3ª.- Tramitación de axudas das axudas que permitan realizar e definir as obras.

 


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Plan Xeral de Ordenación Municipal

Programa PAGUS

Administración Local - Perfil do Contratante
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting