|
|
Actualidade » Actualidade Municipal
|
|
|
O Proxecto Residencial A FÁBRICA oferta 84 vivendas de protección autonómica en réxime de cooperativa |
|
02/12/2009.- ACTUALIDADE MUNICIPAL  O terreo da antiga fábrica de Iberolacto albergará o proxecto RESIDENCIAL LA FÁBRICA, 84 vivendas de protección autonómica en réxime de cooperativa, sitas en pleno corredor verde do Río Arnoia, en Allariz.
O proxecto contará con vivendas de 1,2 e 3 dormitorios ademais de grandes espazos verdes públicos e privados nun total de 14.000m2 de equipamentos e zonas verdes públicas e privadas, está baseado nun desenvolvemento sustentable e ecosostible. É unha das primeiras promocións que se adaptan ás normas do Hábitat galego con certificación enerxética e reciclaxe de augas grises.
As vivendas estarán anexas a unha parcela pública de uso cultural que o concello ten previsto desenvolver próximamente.
Vivendas de protección económica
As vivendas de protección autonómica contan con grandes axudas por parte da Consellaría e do Ministerio de Vivenda, que dependerán de cada caso e das circunstancias familiares, pero poden superar os 24.000€ por vivenda.Existen axudas directas á entrada, así como subsidiacións ós créditos hipotecarios.
Poderán acceder a elas os demandantes de primeira vivenda con ingresos que non superen 4,5 veces o IPREM o que equivale a salarios inferiores a 31.449€ ó ano.
Cooperativas de vivendas
As vivendas promóvense en réxime de cooperativa, nas que os membros son os promotores das vivendas; polo tanto, non pagan mais do que custa construílas.
A xestión da cooperativa confiase a unha empresa externa, que segue as instruccións dos socios da cooperativa.
O cooperativista, ó exercer a autopromoción, ten acceso ás axudas ó promotor para compra de chan, o que non acontece se compra a vivenda a un promotor privado. Estas axudas adicionais poden superar os 3000€ por vivenda.
A persoa que queira ser parte da cooperativa e dispoñer dunha nova vivenda en propiedade debe inscribirse na mesma.
Se está interesado/a no proxecto e quere formar parte da cooperativa poderá solicitar información directamente: Luns, mércores e xoves, de 16,00 a 20,00h Sábados de 10,00 a 14,00h na dirección Emilia Pardo Bazán, 51 2º en Allariz
ou chamando por teléfono calquera día da semana ós números: 986 419 955 e 981 631 164 626 511 111 e 610 522 499
|
| |
|
|
| |
|
|
| |
|


.jpg)
.jpg)
.jpg)
(1).jpg)
.jpg)

|