Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Expedientes de Licitación

Concurso por procedemento aberto e trámite ordinario para a concesión do servizo do restaurante “Acea da Costa”

06/02/2014.- EXPEDIENTES DE LICITACIÓN   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
De conformidade co acordo do Pleno desta corporación do 31 de xaneiro de 2014, por medio deste anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público do restaurante Acea da Costa, do Concello de Allariz, incluido o mantemento das instalacións do inmoble, mediante a modalidade de concesión, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: CL2014.S.01

2. Obxecto do contrato.
a) Descrición: Xestión do servizo público do restaurante Acea da Costa, do Concello de Allariz, incluído o mantemento das instalacións do inmoble.
b) Lugar de execución: Allariz.
c) Prazo de execución: 20 anos.
d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: non.

3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ORDINARIA
b) Procedemento: ABERTO.

4. Tipo de licitación: 90.000 euros máis 21% de IVE.

5. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido.

6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ.
b) Domicilio: Praza Maior, 1
c) Localidade e código postal: 32660 - ALLARIZ
d) Teléfono: 988 44 00 01
e) Fax: 988 44 00 78
f) Data límite de obtención de documentos e información: quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil de Contratante. Se o último día cadrase en sábado ou festivo pasará ao seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista: Os xerais contemplados no prego de cláusulas administrativas que se publica integramente no perfil do contratante.

8. Criterios de Valoración das Ofertas:
a) Maior canon ofrecido, de 0 a 5 puntos.
b) Proxecto de explotación, de 0 a 5 puntos.
c) Investimentos que se realizarán en obras de mellora, mobiliario e instalacións, de 0 a 2 puntos.
d) Experiencia profesional e formación no gremio da hostalaría, de 0 a 2 puntos.
e) Creación de emprego de 0 a 1 punto.
Para valorar as ofertas económicas tomaranse en conta as melloras ofertadas polos distintos licitadores respecto do tipo mínimo de licitación (Mellora = Prezo ofertado - Tipo mínimo de licitación), atribuíndo a maior puntuación á mellora mais alta e proporcionalmente a esta puntuaranse as seguintes ofertas.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 dias contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) e no Perfil do Contratante. Se o último día cadrase en sábado ou festivo pasará ao seguinte día hábil.
b) Documentación a presentar: Descrita na cláusula 7ª do prego.
c) Lugar de presentación:
1. Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
2. Domicilio: Praza Maior, nº 1
3. Localidade e código postal: 32660 - ALLARIZ

10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Domicilio: Praza Maior, nº 1.
c) Localidade: ALLARIZ.
d) Fecha: 1º día hábil despois da finalización do prazo de presentación das proposicións. Se a data prevista coincide en sábado ou festivo, a Mesa constituirase o seguinte día hábil.
e) Hora: 12:00 h.

11. Gastos de anuncios: Por conta do contratista.

12. Perfil de contratante onde figuren as informacións relativas á convocatoria e onde poidan obterse os Pregos: Na Secretaría do Concello de Allariz en na pax. Web: www.allariz.com

Allariz, 6 de febreiro de 2014
O Alcalde,

Francisco García Suárez

Descargar Documento... Anuncio concurso Acea da Costa
Descargar Documento... Prego de condicións concurso Acea da Costa
Descargar Documento... Anexo - Inventario Acea da Costa
Descargar Documento... 02/04/2014 - Anuncio de adxudicación definitiva

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting