Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Definitivas

 

Adxudicacion do contrato de arrendamento con opción de compra de bens patrimoniais mediante procedemento aberto. Expte.: b2012.05


15/10/2012.- ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Por Resolución desta Alcaldía, con data 10 de outubro de 2012 adxudicouse o contrato de aluguer con opción de compra por procedemento aberto mediante subasta, ao prezo máis alto (poxa pública), dun único lote integrado pola parcela nº 77 do parque empresarial de Chorente SUI-1, o que se publica para os efectos do artigo 154 do R.D. Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

1. Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Allariz.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: B2012.06.

2. Obxecto do contrato
a) Tipo de contrato: aluguer con opción de compra de bens patrimoniais.
b) Descrición do obxecto: aluguer con opción de compra dun único lote integrado pola parcela nº 77 do parque empresarial de Chorente SUI-1.
c) Boletín ou diario oficial e perfil do contratante, data de publicación da licitación: BOP nº 208, de 10 de setembro de 2012, e páxina web www.allariz.com.

3. Tramitación, procedemento
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato
a) Arrendamento: O importe do arrendamento establécese na cantidade mínima de 9.600 € anuais mais IVE, segundo o seguinte detalle:

Superficie Lote: 1.047 m2
Prezo de venda: 47.115,00 € (45€/m2)
Tipo Licitación renda anual: 9.600,00 €
Renda mensual: 800,00 €

b) Opción de compra: O arrendador concede gratuitamente ao arrendatario do lote de parcelas obxecto desta oferta, durante a vixencia deste contrato de arrendamento, un dereito de opción de compra do ben arrendado polo prezo de venda de 45€/m2, actualizado por aplicación do índice Xeral de Incremento de Prezos ao Consumo, e do cal se deducirá o noventa por cento (90%) das cantidades abonadas en concepto de renda do arrendamento polo arrendatario até o momento en que faga uso da opción de compra.

5. Adxudicación
a) Data: 10-10-2012.
b) Adxudicatario:
    IBERGRANITOS, S.L., con CIF B32367575.
c) Importe de adxudicación:   
     Renda anual de 9.600,00 euros mais IVE


Allariz, 15 de outubro de 2012
O Alcalde

Francisco García Suárez

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting