Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Expedientes de Licitación

 

Licitación contrato de arrendamento con opción de compra lote único de parcelas


29/06/2012.- EXPEDIENTES DE LICITACIÓN   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Por acordo do Pleno da Corporación de data 29 de xuño de 2012, foi aprobada a licitación dun contrato de arrendamento con opción de compra, por procedemento aberto mediante subasta, ao prezo mais alto (poxa pública), como único criterio de adxudicación, dun lote único de parcelas do parque empresarial de Chorente SUI-1, de propiedade municipal, xunto co prego de cláusulas administrativas particulares.
 
Publícase no Boletín Oficial da Provincia e no perfil do contratante, por prazo de 15 dias naturais, o anuncio de licitación do contrato de arrendamento para seleccionar aos candidatos, con suxeción ás seguintes cláusulas:
 
 
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: B2012.03
 
2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: Lote único das parcelas identificadas cos números 81, 82, 83, 84, 85 e 86 do Parque empresarial de Chorente SUI-1 de Roiriz, Allariz.
 
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ORDINARIA
b) Procedemento: ABERTO.
 
4.     Presuposto base de licitación.
a.     Arrendamento: O importe ascende ao 6% anual do prezo de venda do lote único de parcelas máis IVE, segundo o seguinte detalle:
 
                        Superficie Lote:                                    11.928 m2
                        Prezo de venda:                        536.760,00 € (45€/m2)
                        Tipo Licitación renda anual:        32.205,60 €
                        Renda mensual:                        2.683,80 €
 
b.     Opción de compra: O arrendador concede gratuitamente ao arrendatario do lote de parcelas obxecto desta oferta, durante a vixencia deste contrato de arrendamento, un dereito de opción de compra do ben arrendado polo prezo de venda de 45€/m2, actualizado por aplicación do índice Xeral de Incremento de Prezos ao Consumo, e do cal se deducirá o noventa por cento (90%) das cantidades abonadas en concepto de renda do arrendamento polo arrendatario até o momento en que faga uso da opción de compra.
 
5.     Duración do contrato e prazo de execución:
a)   Duración: A duración do contrato de arrendamento será de 2 anos, transcorrido este prazo deberá optar pola opción de compra, salvo que o órgano competente acorde un prazo superior. Se non optase pola compra rescindiríase o contrato.
 
b)   Prazo: O prazo contarase a partir do día seguinte á data da firma do documento no que se formalice o contrato de arrendamento con opción de compra.
 
Non se admitirá a prórroga tácita, no caso de que se concedese prórroga expresa non poderá estenderse a un período superior á metade do contrato.
 
6.     Garantía definitiva: 5% do prezo de adxudicación referido á renda anual.
 
7.  Obtención de documentación e información.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ.
b) Domicilio: Praza Maior, 1
c) Localidade e código postal: 32660 - ALLARIZ
d) Teléfono: 988 44 00 01
e) Fax:             988 44 00 78  
f) Data límite de obtención de documentos e información:
15 dias dende a data de publicación do presente anuncio no BOP.
 
8.    Requisitos específicos do contratista: Os xerais contemplados no prego de cláusulas administrativas que se publica integramente no perfil do contratante.
 
9.     Criterios de Valoración das Ofertas:
Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta económicamente máis vantaxosa atenderase ó prezo máis alto das proposicións presentadas. En caso de empate resolverase a favor do proxecto empresarial descrito no apartado e) da cláusula décimo sexta.
 
10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 dias contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no BOP.
b) Documentación a presentar: Descrita na cláusula 16ª do prego.
c) Lugar de presentación:
1.ª Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
2.ª Domicilio: Praza Maior, nº 1
3.ª Localidade e código postal: 32660 - ALLARIZ
 
11. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Domicilio: Praza Maior, nº 1.
c) Localidade: ALLARIZ.
d) Fecha: 2º día hábil tras finalizar o prazo de presentación das proposicións.
e) Hora: 12:00
 
 
12. Gastos de anuncios: Por conta do contratista.
 
13. Perfil do contratante onde figuren as informacións relativas á convocatoria e onde poidan obterse os Pregos: na Secretaría do Concello de Allariz e na páx. Web: www.allariz.com
 
Allariz, 29 de xuño de 2012
 
O Alcalde,
 Francisco García Suárez

 

Descargar Documento... Prego de Cláusulas administrativas particulares

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting