Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Expedientes de Licitación

 

Licitación de enaxenación de parcelas no parque empresarial SUI-1 Chorente de Allariz.


27/10/2011.- EXPEDIENTES DE LICITACIÓN   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Por Resolución do Alcalde de data 26 de outubro de 2011, foi aprobada a enaxenación dunha serie de parcelas sitas no parque empresarial de Chorente SUI-1 de Allariz, mediante procedemento aberto, oferta económicamente mais ventaxosa, un único criterio de adxudicación ao prezo mais alto, xunto co prego de cláusulas administrativas particulares.

Publícase no Boletín Oficial da Provincia e no perfil de contratante, por prazo de 15 dias naturais, o anuncio de licitación para seleccionar aos compradores, con suxeción ás seguintes cláusulas. Se o prazo de vencemento coincidira en sábado ou festivo, trasladaráse ao seguinte día hábil.

1. Entidade adxudicataria.
a) Organismo: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: B2011.03

2. Obxecto do contrato.
Descripción do obxecto: enaxenación das seguintes parcelas sitas no parque empresarial de Chorente SUI-1 de Allariz:

LOTE Nº 24 SUPERFICIE: 4.930 m2 PARCELA Nº: 41,42,49 e 50



3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ORDINARIA
b) Procedemento: ABERTO.

4. Tipo de licitación.

O tipo de licitación á alza é de 45 euros/m2, mais IVE.

5. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ.
b) Domicilio: Praza Maior, 1
c) Localidade e código postal: 32660 - ALLARIZ
d) Teléfono: 988 44 00 01
e) Fax: 988 44 00 78
f) Data límite de obtención de documentos e información: Durante todo o prazo de exposición pública.

6. Requisitos específicos do contratista: Os xerais contemplados no prego de cláusulas administrativas que se publica integramente no perfil do contratante.

7. Criterios de Valoración das Ofertas:
A adxudicación efectuarase á favor da proposta mais ventaxosa determinada polo prezo mais alto; en caso de empate resolverase a favor do proxecto empresarial descrito no apdo f) da cláusula quinta.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: 15 dias naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Se o prazo de vencemento coincidira en sábado ou festivo, trasladaráse ao seguinte día hábil.
b) Documentación a presentar: Descrita na cláusula 5ª do prego.
c) Lugar de presentación:
1.ª Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
2.ª Domicilio: Praza Maior, nº 1
3.ª Localidade e código postal: 32660 - ALLARIZ

9. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Domicilio: Praza Maior, nº 1.
c) Localidade: ALLARIZ.
d) Fecha: 2º día hábil tras finalizar o prazo de presentación das proposicións. Se o prazo de vencemento coincidira en sábado ou festivo, trasladaráse ao seguinte día hábil.
e) Hora: 12:00

10. Gastos de anuncios: Por conta do contratista.

11. Perfil de contratante onde figuren as informacións relativas á convocatoria e onde poidan obterse os Pregos: Na Secretaría do Concello de Allariz en na pax. Web: www.allariz.com

Allariz, 27 de outubro de 2011.
O Alcalde,


Francisco García Suárez

 

Descargar Documento... Prego de Cláusulas Administrativas particulares

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting