Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Definitivas

 

Adxudicación definitiva dun contrato de enaxenación de bens patrimoniais mediante procedemento aberto. Expte.: B2008.3


09/09/2011.- ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

1. Por acordo do Pleno desta Corporación local de data 31 de outubro de 2008, foi aprobada a enaxenación dunha serie de parcelas sitas no parque empresarial de Chorente SUI-1 de Allariz, mediante procedemento aberto, oferta económicamente mais ventaxosa, un único criterio de adxudicación ao prezo mais alto, xunto co prego de clásusulas administrativas particulares.

2. O anuncio de licitación foi publicado, por prazo de quince dias, no Boletín Oficial da Provincia nº 258/2008 de 24 de outubro, no Diario Oficial de Galicia nº 217/2008, de 7 de novembro e no Perfil de contratante do órgano de contratación, a fin de que os interesados presentaran as súas proposicións.

3. Con data 27 de novembro de 2008 constituíuse a Mesa de contratación, e ésta realizou proposta de adxudicación a favor dos licitadores presentados.

4. Por acordo da Corporación de data 26 de novembro de 2008 aprobouse a adxudicación provisional dos contratos de enaxenación de parcelas municipais sitas no Parque Empresarial de Chorente-SUI-1 aos licitadores presentados.

5. No Boletín Oficial da Provincia nº 291 de data 19 de decembro de 2008, no DOG nº 247 de data 22 de decembro de 2008 e no Perfil de Contratante do órgano de contratación, publicouse a adxudicación provisional durante o prazo de 15 dias, transcorrido o cal non consta a presentación de alegacións ou reclamacións.

6. Por parte de determinados adxudicatarios produciuse a renuncia á/ás parcela/as adxudicada/as provisionalmente.

7. Con data 6 de abril de 2011 dictouse unha nova resolución por decreto do alcalde, de corrección de erros observados no Decreto de data 28 de outubro de 2010, a petición da empresa adxudicataria Ebanistería Allariz, S.L. que pon de manifesto que, como consecuencia das obras de urbanización levadas a cabo no parque empresarial producíronse alteracións das rasantes, con recheos non previstos, que fan casi inservibles as parcelas para a finalidade da edificación, polo que exhortan ao concello para que, antes de outorgar a escritura pública de compravenda, se executen as obras que resulten necesarias para garantizar a edificabilidade da parcela de modo que, en tanto non se cumpla esta condición, solicita unha corrección de erros do decreto de adxudicación definitiva excluindo da relación de empresas adxudicatarias á mercantil Ebanistería Allariz, S.L., alomenos temporalmente en tanto non se corrixen as obras de urbanización.


Visto o expediente tramitado e, de conformidade co establecido na Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,

[ver anuncio completo en anexo PDF]
 

 

Descargar Documento... Anuncio completo Adxudicación Definitiva Expediente B2008.3

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting