Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Definitivas

 

Adxudicación definitiva contratos de enaxenación de bens patrimoniais mediante procedemento aberto. Expediente B2009.10


21/12/2009.- ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Por Resolución desta Alcaldía con data 18 de decembro de 2009 adxudicouse definitivamente o contrato de alleamento do Lote nº 17, das parcelas sitas no Parque Empresarial de Chorente-SUI-1, Parcela nº 57, cunha superficie de 1000 m2, de propiedade municipal, expediente B2009.10, o que se publica para os efectos do artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro de contratos do sector público.

1. Entidade adxudicataria

a) Organismo: Concello de Allariz.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: B2009.10.

2. Obxecto do contrato

a) Tipo de contrato: alleamento de bens patrimoniais.
b) Descrición do obxecto: alleamento do Lote nº 17, das parcelas sitas no Parque Empresarial de Chorente-SUI-1, Parcela nº 57, cunha superficie de 1000 m2.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e perfil do contratante, data de publicación da adxudicación provisional: BOP nº 260 de data 12 de novembro de 2009 e páxina web www.allariz.com.

3. Tramitación, procedemento

a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato

O prezo á alza é de 45 euros/m2, mais IVE.


5. Adxudicación definitiva

a) Data: 18-12-2009.
b) Adxudicatario: TRANSPORTES FRANCISCO TABOADA Y SOBRINOS, S.L., con CIF B32189904 e domicilio na rúa Concepción Arenal, 10 de Xunqueira de Ambía (Ourense).
c) Importe de adxudicación: 45.000 euros e 7.200,00 euros correspondentes ao IVE.

Allariz, 21 de decembro de 2009

O Alcalde

Asdo.:Francisco García Suárez

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting