Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Expedientes de Licitación

 

Concurso por procedemento aberto para concertar unha operación de crédito a longo prazo


14/01/2011.- EXPEDIENTES DE LICITACIÓN   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Con data 14 de xaneiro de 2011, madiante decreto do alcalde, resolveuse convocar un concurso por procedemento aberto para concertar unha operación de crédito a longo prazo co obxeto de financiar os investimentos contemplados no PLAN ALLARIZ 2020 do orzamento do concello para o exercicio 2011 conforme ao seguinte prego de condicións:

PREGO DE CONDICIÓNS PARA CONCERTAR UNHA OPERACIÓN DE CRÉDITO A LONGO PRAZO CO OBXETO DE FINANCIAR OS INVESTIMENTOS DO ORZAMENTO DO EXERCICIO DE 2011.

EXPTE.: FL2011.P.01


1. O obxeto da operación financeira.-

O Concello de Allariz pretende concertar unha operación de crédito a longo prazo por importe de 200.000,00 € para financiar os investimentos contemplados no PLAN ALLARIZ 2020 do orzamento do concello para o exercicio 2011.

A referida operación de crédito está contemplada no capítulo 9 do estado de ingresos do orzamento xeral deste concello para o exercicio de 2011, que se aprobou mediante acordo plenario do día 17 de decembro de 2010 e se Publicou, con carácter inicial, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 296, do 28 de decembro de 2010.


2. A contía do crédito.

200.000 euros.


3. As disposicións de fondos.

Disposición plena á firma da póliza.


4. Condicións financeiras.

As entidades financeiras interesadas formularán unha proposta con arreglo ás seguintes condicións financeiras:

• Tipo de interese variabel.
• Comisións:
- De apertura.
- De dispoñibilidade.
- De amortización anticipada.
- De cancelación.
• Prazo: 12 anos (os dous primeiros de carencia).
• Tipo de referencia: Euribor 1 ano.
• Diferencial sobre o tipo de referencia.
• Revisión anual.
• Cotas constantes de amortización máis intereses.
• Prazos de pago trimestrais (amortización máis intereses).
• Intervención da operación (Notario ou fedatario Público Municipal).


5. Garantías do prestamo.

O Concello consignará as cantidades necesarias para pagar os xuros e amortizacións que deriven do contrato, nos orzamentos anuais, durante a súa vixencia e até a cancelación total das obrigas.


6. A forma de selección

Elixirase a entidade financeira prestamista conforme aos principios de publicidade e concorrencia e aos de igualdade e non-discriminación, segundo os criterios que se establecen no apartado 11.


7. A capacidade para presentar as ofertas.

As entidades de crédito e de aforro que estean inscritas no Rexistro Oficial do Banco de España poderán presentar as ofertas.

As ditas institucións poderán participar de xeito individual ou baixo a forma de sindicato, con outras da mesma natureza. Neste caso, a entidade directora subscribirá a proposta e indicará as que integran o sindicato e as súas porcentaxes. As relacións entre o concello e o sindicato terán lugar a través da entidade que actúe como axente, a que disporá necesariamente dunha oficina aberta ao público en Allariz.


8. Lugar, forma e prazo para presentar as ofertas.

As propostas, asinadas polo ofertante ou persoa que o represente, presentaranse na Secretaría do concello, de 09:00 a 13:00 h, en dous sobres pechados nos que se achegará a documentación á que se refire a base 10.

O prazo para presentar as ofertas será de 15 días naturais que remata o vindeiro dia 31 de xaneiro ás 14:00 horas.


9. A información ás entidades financeiras.

Calquera entidade de crédito ou de aforro que cumpra as condicións para concorrer, poderá consultar nas oficinas do concello os datos seguintes:

1. O orzamento xeral para o exercicio de 2011 (cadros resumos e investimentos).

2. O resumo da liquidación do orzamento correspondente ao exercicio de 2009. (resumo xeral por capítulos).

3. A situación da débeda a 31 de decembro de 2010.


10. Documentación que deberán presentar as entidades financeiras:

1. No sobre A:

a) A certificación na que se acredite que a entidade está inscrita no Rexistro Oficial do Banco de España.
b) O poder notarial no que se faga constar a representación da persoa ou institución pola que presenta a oferta, que deberá verificar o secretario do concello.
c) A declaración da entidade de que non está incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou das incompatibilidades establecidas no art. 50 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público.

2. No sobre B: a oferta.

a) A proposición na que se indicarán as condicións particulares que se especifican neste anexo, segundo o modelo seguinte:

D./Da. ________ con domicilio en _____________ núm.____C.P.____,
tel.________, con NIF (ou pasaporte ou documento que o substitúa) núm. ______,
que representa a ________________ con domicilio en ______________ núm.
_____ C.P. _______, participa no concurso convocado polo Concello de Allariz e publicado na páxina web www.allariz.com, para concertar un contrato de préstamo por importe de 200.000,00 € e acompaña o detalle da oferta económica establecidas no apartado 4 do presente prego.
Fai constar que coñece e acepta as condicións.
Allariz, ____ de ________ de 2011
Asdo.: (O licitador)

b) O proxecto do contrato de préstamo que estará autorizado polos representantes da entidade e o cálculo estimado das cotas (cadro de amortización previsible comprensivo do capital e intereses).


11. Criterios de selección da entidade ofertante.

Estes criterios definiranse pola oferta que teña as condicións económicas máis favorábeis para o concello, no sentido de supoñer un custo financeiro previsibelmente inferior durante a vida do préstamo. Para o efecto, terase en conta o que se establece no apartado 4 das presentes bases.

No caso de empate nas ofertas, consideraranse os servizos financeiros ou bancarios que se lle prestan ao concello. Co obxeto de valoralos, teranse en conta os cobros efectuados no procedimento recadatorio por cada entidade ofertante, tanto polo caderno 60, como polas domiciliacións de recibos.


12. A apertura das ofertas.

A Comisión Técnica, á que se fai referencia o parágrafo seguinte, será presidida polo presidente ou polo concelleiro no que delegue, abrirá as ofertas publicamente unha vez finalizado o prazo que se estabelece na condición 8.

13. Mesa de Contratación.

Conforman a Mesa de Contratación os seguintes membros:
— Presidente:
— D. Francisco García Suárez, Alcalde.
— Vocais:
— D. Maximino Jardón Pedras, Secretario-Interventor da Corporación.
— D. Manuel Cid Pérez, concelleiro de facenda.
— D. Antonio Rodriguez Miranda, concelleiro do PP.
— D. José Manuel Cid Feijoo, concelleiro do Grupo Mixto.
— Secretario:
— Dona Isabel Mosquera Rey, técnico municipal.

Se a Mesa tivese dúbidas interpretativas en relación coas ofertas, comunicarallas á entidade financeira que corresponda para que as resolva ou amplíe, no prazo de 3 días.

14. O órgano de adxudicación.

O expediente, a proposta e os informes preceptivos do interventor e do secretario remitiranse ao alcalde para que resolva a adxudicación, segundo o preceptuado no art. 52.2 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora das facendas locais.

O concello resérvase o dereito de non adxudicar o contrato se ningunha das ofertas resultara favorábel para os intereses municiapis pola evolución previsíbel dos mercados financeiros ou por calquera outra causa.

Allariz, 14 de xaneiro de 2011.
O ALCALDE,


Francisco García Suárez

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting