Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Provisionais

 

Execución de obras de renovación dos servizos de saneamento e pluviais na rúa Emilia Pardo Bazán


08/07/2008.- ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

DECRETO DO ALCALDE Allariz, 8 de xullo de 2008.

ASUNTO: Execución de obras de renovación dos servizos de saneamento e pluviais na rúa Emilia Pardo Bazán por procedemento negociado sen publicidade.- Adxudicación provisional.

Visto que mediante Resolución de Alcaldía con data 3 de xullo de 2008 aprobouse o expediente e os Pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación das obras denominadas de renovación dos servizos de saneamento e pluviais na rúa Emilia Pardo Bazán, por procedemento negociado sin publicidade, así mesmo procedeuse a autorizar o gasto que supón a adxudicación do mesmo.

Solicitadas invitacións ás empresas que se indican presentaron as seguintes ofertas económicas que obran no expediente:
Empresa invitada
Oferta (s/ive)
Construcciones Hermanos Carrajo, S.A.
157.068,97 €
Construcciones Santalf, S.L.
157.112,07 €
Construcciones y Obras Vazal, S.L.
157.136,21 €

Visto que con data 8 de xullo de 2008 constituíuse a Mesa de contratación, a cal realizou proposta de adxudicación a favor da empresa mercantil Construcciones Hermanos Carrajo, S.A., considerada a oferta mais ventaxosa.

Examinada a documentación que a acompaña e de acordo coa mesma e de conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,

RESOLVO

PRIMEIRO. Adxudicar provisionalmente o contrato para a realización das obras denominadas de renovación dos servizos de saneamento e pluviais na rúa Emilia Pardo Bazán por procedemento negociado sen publicidade á empresa Construcciones Hermanos Carrajo, S.A, polo prezo de 157.068,97 euros e 25.131,03 euros correspondentes ao Imposto de Valor Engadido.


SEGUNDO. Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaron adxudicatarios.

TERCEIRO. Notificar e requirir a D. JOSÉ MANUEL CARRAJO IGLESIAS, con domicilio en Verín (Ourense), Travesía de Sousas, nº 21, con DNI nº 34.984.098-V, que actúa en representación da empresa Construcciones Hermanos Carrajo, S.A, con CIF A-32.011.728 adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ao da data de publicación da adxudicación provisional no Boletín Oficial de la Provincia e no Perfil de Contratante, a documentación xustificativa de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva, por importe de 7.853,45 € equivalente ao 5% do importe de adxudicación, excluido o Imposto sobre o Valor Engadido.

CUARTO. Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil de Contratante.

QUINTO. Realizados os trámites anteriores, déase conta a esta Alcaldía para resolver ao respecto.

V.º B.º O Alcalde,
Francisco García Suárez

O Secretario,
Maximino Jardón Pedras

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting