Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Provisionais

 

Realización das obras de construcción da casa da mocidade e radio municipal de Allariz


15/07/2008.- ADXUDICACIÓNS PROVISIONAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

DECRETO DO ALCALDE  Allariz, 15 de xullo de 2008.

ASUNTO: Realización das obras de construcción da casa da mocidade e radio municipal de Allariz, por procedemento negociado sen publicidade.- Adxudicación provisional.

Visto que mediante Resolución de Alcaldía con data 25 de xuño de 2008 aprobouse o expediente e os Pregos de Cláusulas Administrativas para a adxudicación das obras de construcción da casa da mocidade e radio municipal de Allariz que comprende a adxudicación conxunta do proxecto técnico e a realización das obras, se ben, a execución das obras quedará condicionada á supervisión, aprobación e replanteo do proxecto polo órgano de contratación, por procedemento negociado sin publicidade, procedendose así mesmo a autorizar o gasto que supón a adxudicación do mesmo.

Solicitadas invitacións ás empresas que se indican presentaron as seguintes ofertas económicas que obran no expediente:

Empresa invitada
Oferta (s/ive)
Ive
TOTAL
1
Acústica y Servicios Gallegos, S.L.
138.500,00 €
22.160,00 €
160.660,00 €
2
Urbepazo S.L.U.
101.201,35 €
16.192,22 €
117.393,57 €
3
Insonorizaciones Montec, S.L.
103.400,00 €
16.544,00 €
119.944,00 €
4
Hidromiño,S.L. – Sonen, S.L.
142.069,07 €
22.731,05 €
164.800,12€



Visto que con data 3 de xullo de 2008 constituíuse a Mesa de contratación, a cal realizou proposta de adxudicación a favor da empresa mercantil Insonorizaciones Montec, S.L., considerada a oferta mais ventaxosa.

Examinada a documentación que a acompaña e de acordo coa mesma e de conformidade co establecido no artigo 135.3 e a Disposición Adicional Segunda da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público,

RESOLVO


PRIMEIRO. Adxudicar provisionalmente o contrato para a realización das obras de construcción da casa da mocidade e radio municipal de Allariz que comprende a adxudicación conxunta do proxecto técnico e a realización das obras por procedemento negociado sen publicidade á empresa Insonorizaciones Montec, S.L., polo prezo de 103.400,00 euros e 16.544,00 euros correspondentes ao Imposto de Valor Engadido.

SEGUNDO. Notificar a adxudicación provisional a todos os candidatos que non resultaron adxudicatarios.

TERCEIRO. Notificar e requirir a D. OSCAR SIMÓN QUINTAS, con domicilio en Allariz (Ourense), Parque Empresarial de Chorente, parcela 23E, con DNI nº 11.912.858-P, que actúa en representación da empresa INSONORIZACIONES MONTEC, SL con CIF B-32.234.734 adxudicatario provisional do contrato, para que presente, dentro dos quince días hábiles seguintes ao da data de publicación da adxudicación provisional no Boletín Oficial de la Provincia e no Perfil de Contratante, a documentación xustificativa de atoparse ao corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social e calquera outros documentos acreditativos da súa aptitude para contratar, así como constituír a garantía definitiva, por importe de 5.170,00 € equivalente ao 5% do importe de adxudicación, excluido o Imposto sobre o Valor Engadido.

CUARTO. Publicar a adxudicación provisional do contrato mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia e no Perfil de Contratante.

QUINTO. Realizados os trámites anteriores, déase conta a esta Alcaldía para resolver ao respecto.

V.º B.º  O Alcalde,
Francisco García Suárez

O Secretario,
Maximino Jardón Pedras

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting