Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Definitivas

 

Adxudicación definitiva de enaxenación de fincas sitas no subsolo AR-107


05/10/2010.- ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Por Resolución desta Alcaldía con data 5 de outubro de 2010 adxudicouse definitivamente o contrato de enaxenación das fincas rexistrais nº 13918 e nº 13919, denominadas finca S1-EL1 e finca S2-EL1 respectivamente, localizadas no subsolo do espazo libre de uso público denominado Parcela EL1 da AR-107, de propiedade municipal, o que se publica aos efectos do artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro de contratos do sector público.

1. Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Allariz.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: B2010.07.

2. Obxecto do contrato
a) Tipo de contrato: alleamento de bens patrimoniais.
b) Descrición do obxecto: alleamento das fincas rexistrais nº 13918 e nº 13919, denominadas finca S1-EL1 e finca S2-EL1 respectivamente, localizadas no subsolo do espazo libre de uso público denominado Parcela EL1 da AR-107.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e perfil do contratante, data de publicación da adxudicación provisional: BOP nº 214, de data 16 de setembro de 2010, e páxina web www.allariz.com.

3. Tramitación, procedemento
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato
O prezo á alza é de 10.944,00 euros mais IVE.

5. Adxudicación definitiva
a) Data: 05-10-2010.
b) Adxudicatario: PROPACIOS, S.L., con CIF B-32350811 e domicilio na rúa Alfonso Rodríguez Castelao, nº 31, de Ourense.
c) Importe de adxudicación: 12.913,92 euros, dos que 1.969,92 euros corresponden ao IVE.
Allariz, 5 de outubro de 2010

O Alcalde



Francisco García Suárez

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting