Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Adxudicacións Definitivas

 

Adxudicación definitiva de enaxenación de fincas sitas no subsolo AR-138


05/10/2010.- ADXUDICACIÓNS DEFINITIVAS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Por Resolución desta Alcaldía con data 5 de outubro de 2010 adxudicouse definitivamente o contrato de enaxenación de 2 fincas sitas no subsolo da vertical dos espazos libres de uso público denominadas F2 e F3 da AR-138, fincas rexistrais nº 13916 e nº 13917, de propiedade municipal, o que se publica aos efectos do artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro de contratos do sector público.

1. Entidade adxudicadora
a) Organismo: Concello de Allariz.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.
c) Número de expediente: B2010.06.

2. Obxecto do contrato
a) Tipo de contrato: alleamento de bens patrimoniais.
b) Descrición do obxecto: alleamento de 2 fincas sitas no subsolo da vertical dos espazos libres de uso público denominados F2 e F3 da AR-138, fincas rexistrais nº 13916 e nº 13917.
c) Lote: único.
d) Boletín ou diario oficial e perfil do contratante, data de publicación da adxudicación provisional: BOP nº 214, de data 16 de setembro de 2010, e páxina web www.allariz.com.

3. Tramitación, procedemento
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato
O prezo á alza é de 16.182,30 euros mais IVE.

5. Adxudicación definitiva
a) Data: 05-10-2010.
b) Adxudicatario: HERDEIRO, S.L., con CIF B-32207441 e domicilio na rúa Oliveira, 1, de Allariz (Ourense).
c) Importe de adxudicación: 16.200,00 euros e 2.916,00 euros correspondentes ao IVE.

Allariz, 5 de outubro de 2010

O Alcalde



Francisco García Suárez

 

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting