Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Expedientes de Licitación

 

Aberto o prazo para o contrato de xestión do servizo público de cafetería do Camping Os Invernadeiros


15/02/2010.- EXPEDIENTES DE LICITACIÓN   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
De conformidade co acordo do Consello de Administración Da empresa municipal REATUR S.A. de data 11 de febreiro de 2010, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación, para a adxudicación do contrato de xestión do servizo público de cafetería do Camping Os Invernadeiros, incluido o mantemento das instalacións do inmoble consistentes na propia cafetería, supermercado e xardín conlindante, mediante a modalidade de concesión, conforme aos seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: REATUR S.A.
b) Dependencia que tramita o expediente: DIRECCIÓN DO CAMPING OS INVERNADEIROS.

2. Obxecto do contrato.
a) Descrición do obxecto: xestión do servizo público de cafetería do Camping Os Invernadeiros, incluido o mantemento das instalacións do inmoble consistentes na propia cafetería,supermercado e xardín colindante
b) Lugar de execución: Allariz.
c) Prazo de execución: 15 anos.
d) Indicar se a execución do contrato comprende a execución de obras: Non.

3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: Urxente
b) Procedemento: Aberto.

4. Canon de explotación: Importe total:75.000 euros.

5. Garantía provisional: 2.000 euros.

6. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: CAMPING OS INVERNADEIROS. REATUR S.A..
b) Domicilio: Estrada de Celanova s/n
c) Localidade e código postal: Allariz, 32660.
d) Teléfono: 988 44 01 26.
e) Telefax: 988 44 20 06.
f) Data límite de obtención de documentos e información:
Ata o día 3 de marzo ás 12 horas.

7. Requisitos específicos do contratista.
- Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: As esixidas na cláusula 6ª do prego.

8. Criterios de Valoración das Ofertas (clásula 9ª).
a) Oferta económica, de 0 a 5 puntos.
b) Servicios a prestar, de 0 a 4 puntos.
c) Investimentos que se realizarán en obras de mellora, mobiliario e instalacións, de 0 a 2 puntos.
d) Experiencia profesional e formación no gremio da hostalería, de 0 a 2 puntos.
e) Creación de emprego de 0 a 1 punto.

9. Presentación das ofertas.
a) Data límite de presentación: Día 3 de marzo ás 13 horas.
b) Documentación a presentar: A descrita na cláusula 7ª.
c) Lugar de presentación:
1.ª Entidade: CAMPING OS INVERNADEIROS. REATUR S.A.
2. ª Domicilio: Estrada de Celanova s/n.
3. ª Localidade e código postal: ALLARIZ 32660

10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: CONCELLO DE ALLARIZ
b) Domicilio: Praza Maior, 1.
c) Localidade: ALLARIZ
d) Data: día 4 de marzo
e) Hora: 12:00

11. Perfil de contratante onde figuren as informacións relativas á convocatoria e onde poden obterse os Pregos: www.allariz.com.

Allariz, 15 de febreiro de 2010.


A Conselleira Delegada,
Asdo: Cristina Cid Fernández

 

Descargar Documento... Prego do concurso Cafetería Camping "Os Invernadoiros"

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting