Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Licitacións

Adxudicacións Provisionais

Adxudicacións Definitivas

Perfil do Contratante » Expedientes de Licitación

 

Convocatoria de concurso por procedemento aberto dunha operación de crédito a longo prazo


15/02/2010.- EXPEDIENTES DE LICITACIÓN   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Polo Pleno do concello de Allariz, en sesión extraordinaria celebrada o dia 12 de febreiro de 2010 acordou convocar un concurso por procedemento aberto para concertar unha operación de crédito a longo prazo co obxeto de financiar os investimentos contemplados no PLAN ALLARIZ 2020 do orzamento do concello para o exercicio 2010.

A referida operación de crédito está contemplada no capítulo 9 do estado de ingresos do orzamento xeral deste concello para o exercicio de 2010, aprobado mediante acordo plenario do día 15 de decembro de 2009 e publicado, con carácter inicial, no Boletín Oficial da Provincia (BOP) núm. 292, do 22 de decembro de 2009, e con carácter definitivo, resumido por capitulos, no BOP nº 17 de 22 de xaneiro de 2010.

No Perfil do Contratante do Concello de Allariz, www.allariz.com, publícase integramente o prego de condicións aprobado polo Pleno da corporación, cuio resumo é o seguinte:

1. Contía do crédito.
1.200.000 euros.

2. Disposicións de fondos.
Disposición plena á firma da póliza.

3. Condicións financeiras:

As entidades financeiras interesadas formularán unha proposta con arreglo ás seguintes condicións financeiras:

  • Tipo de interese variabel.
  • Comisións:
    • - De apertura.
    • - De dispoñibilidade.
    • - De amortización anticipada.
    • - De cancelación.
  • Prazo: 12 anos con 2 de carencia. 
  • Tipo de referencia: Euribor anual. 
  • Diferencial sobre o tipo de referencia. 
  • Revisión anual.
  • Cotas constantes de amortización máis intereses. 
  • Prazos de pago trimestrais (amortización máis intereses). 
  • Intervención da operación (Notario ou fedatario Público Municipal).

4. Lugar, forma e prazo para presentar as ofertas.
As propostas, asinadas polo ofertante ou persoa que o represente, presentaranse na Secretaría do concello, de 09:00 a 13:00 h, en dous sobres pechados nos que se achegará a documentación á que se refire a base 10.

O prazo para presentar as ofertas será de 15 días naturais contados a partir do día seguinte ao que se publique o anuncio no BOP.

5. Criterios de selección da entidade ofertante.
Estes criterios definiranse pola oferta que teña as condicións económicas máis favorábeis para o concello, no senso de supoñer un custo financeiro previsibelmente inferior durante a vida do préstamo. Para o efecto, terase en conta o que se estabelece no apartado 4 das presentes bases.


Allariz, 15 de febreiro de 2010.

O ALCALDE,
Francisco García Suárez

 

Descargar Documento... Prego de Claúsulas Administrativas

 
 
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting