Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Entidades e Asociacións
 
 

 


Asoc. SocioCulturais » Banco de Tempo ENCOMUN

ENCOMUN, Banco de Tempo de Allariz

Encomún nace como Asociación a finais do 2007 da mán dun grupo de veciñas e veciños interesados nesta iniciativa de intercambio gratuíto de tempo proposta polo Servizo Galego de Igualdade.

Na súa andadura, Encomún leva realizado varias actividades de intercambio entre os membros da asociación. Obradoiros de elaboración de filloas ou marmelada contaron, ademais, coa participación dos veciños e veciñas de Allariz.

Os proxectos de futuro do Banco de Tempo de Allariz céntranse en compaxinar os intercambios de tempo persoais coa realización de actividades colectivas que congreguen un maior número de participantes.

A sede da Asociación Encomún ubícase no baixo do Centro Social ( Rúa Portelo, 4) onde se xuntan o último xoves de cada mes de 19:00 a 20:00h.

Que é un Banco de Tempo?
Un Banco de Tempo é unha rede de colaboración entre particulares e consiste no intercambio de actividades entre as persoas participantes.

Un Banco de Tempo permite resolver problemas ou atender necesidades da vida cotiá dun xeito cooperativo, solidario, participativo e autoorganizado.

O funcionametno é sinxelo: ó dar a túa axuda gañarás horas,que máis tarde poderás gastar solicitando o tempo doutras persoas da rede para colaborar nas tarefas da vida diaria.

Que se pode intercambiar?
Por exemplo: tarefas de horta, coidado de persoas maiores, nenos/as ou enfermas, reparacións domésticas, coidado dos animais e/ou pratnas, coidados persoais, tarefas cotiás e moitas máis cousas.

Como funciona?
Nos bancos de tempo en vez de diñeiro intercambianse horas. Todas as actividades teñen o mesmo valor, todo vale o tempo que se tarda en realizar o servizo.

Cada persoa que participa no Banco de Tempo disporá dun talonario qeu empregará no momento de facer o “pago en horas” polos servizos qeu lle foron prestados. De igual xeito, cando esta persoa vaia facer un servizo a outra persoa do Banco do Tempo, recibirá un cheque polo valor do tempo que empregou no seu intercambio.

Mensualmente a Secretaría do Banco do tempo fará un balance, anotando os intercambios feitos e actualizando o saldo da conta corrente de tempo das súas socias e socios.

Canto maior crédito circule e cnata máis xente comparta o seu tempo e talentos, mías rica será a rede qeu constitúe un Banco de Tempo.

A quen vai dirixido?
O Banco de Tempo Encmún está aberto a todas as veciñas e veciños de Allariz. Mulleres, homes, maiores, xente novaa, teñen a oportunidade de ofrecer e recibir dentro desta rede, converténdose en membros da comunidade.

Cada integrante do Banco de tempo disporá dunha lista onde consultar as actividades e servizos que se ofrecen e demandan, que é actualizada periodicamente.


Se queres formar parte desta iniciativa ponte en contacto con nós en:

Encomún. Banco de Tempo de Allariz
Rúa do Portelo, 4 Baixo 32660 Allariz

info@bancodotempodeallariz.org
www.bancodetempodeallariz.org

Teléfonos de contacto: 654 521917 – 654 264175 – 609477570





siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting