Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Entidades e Asociacións
 
 

 


Asoc. SocioCulturais » A. Axuda á Discapacidade PUZZLE

PUZZLE- Asociación para a loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade

Ampliar Foto...
PUZZLE é unha asociación que loita contra a exclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

Constitúese como tal en Allariz a 20 de decembro de 2007 coa finalidade de mellorar a calidade de vida, desenvolvemento integral e inclusión social e laboral das persoas con discapacidade.

Ofrecen obradoiros ocupacionais dirixidos a aquelas persoas que precisen un apoio permanente na súa vida cotiá. Así, desenvolveranse cursos en tecnoloxías da información e comunicación, obradoiros de cerámica e de habilidades sociais.

Tamén se realizarán obradoiros de apoio á integración laboral para aquelas persoas con maior autonomía: inserción laboral no mercado de traballo, emprego con apoio, autoemprego ou obradoiros prelaborais como xardinería, limpeza viaria, etiquetado de productos, reciclaxe de residuos.

Un dos obxectivos primordiais de Puzzle pretende favorecer o desenvolvemento da autonomía persoal e social, adquirir habilidades, coñecementos e formación necesaria para o mundo laboral así como promover o apoio psicosocial no entorno familiar.

A Asociación tamén contempla accións futuras como :
- Escola de familias (formación psicopedagóxica)
- Formación de voluntariado
- Participación en actividades lúdicas.

Datos de contacto
Asociación Puzzle
Local Social de Roimelo
32660  Allariz   Ourense
Tlf: 988 554059 (Fogar do Maior)
puzzle@allariz.com


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting