Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Entidades e Asociacións
 
 

 


Asoc. Profesionais » A. Produtores Artesáns

Asociación de Productores Artesáns de Allariz

A repostería tradicional alaricana xira arredor de seis productos estrela: os amendoados, as améndoas de pico, os melindres, a torta de améndoas e as roscas de xema, todos eles acompañados cun chupito de licor típico alaricano.

Na actualidade este sector supón un motor de desenvolvemento importante para a nosa economía, e co fin de protexelo e promocionalo, ademáis doutros, nace no ano 1998 a Asociación de Productores Artesáns de Allariz.

Impulsar e desenvolver iniciativas para dar a coñecer os establecementos é un dos fins desta Asociación, dentro do cal se enmarca a Feira do doce e amendoado que se celebra tódolos anos a principios de setembro, para promocionar os productos englobados na denominación “Producto Artesán de Allariz” que nace no 1996, co obxectivo de valorar a repostería local, buscando fundamentalmente a súa calidade e promoción económica nun mercado global, protexendo o nome e garantía de orixe dos productos alaricanos.


Datos contacto
Centro de Promoción Económica
R/ O Portelo 4
32660 Allariz Ourense
Tlf: 988 44 22 10

siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting