Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Entidades e Asociacións
 
 

 


Asoc. SocioCulturais » A. C. Xan de Arzúa

Asociación Cultural Xan de Arzúa

Ampliar Foto...
A Asociación Cultural Xan de Arzúa ven traballando desde 1988, uns anos despois da recuperación da festa.

Por ela pasaron varias xeracións de veciño/as, e aínda que inicialmente a súa labor era a organización e mantemento da festa do boi e eventos paralelos que se puideran realizar durante eses días, pouco a pouco e a medida que a festa cobraba maior dimensión en días e eventos fóronse facendo outras actividades e traballos durante todo o ano.

Labor Social
Un dos valores máis importantes da nosa Asociación quizás é o labor social que desempeña, chegando a integrar dentro do seu organigrama a xente de diferentes idades, dende 18 a 80 anos, xa sexa para traballar activamente na organización da asociación ou simplemente para colaborar nos diferentes eventos ou traballos que fai a Asociación.

Compromiso ca Festa do Boi
Ter unha festa tan antiga coma é a nosa implica unha responsabilidade importante para que non se perda, e como responsables da mesma, desde a A.C. Xan de Arzúa comprometémonos a velar porque se conserve e se transmita de xeración en xeración os valores da festa e sobre todo as tradición da nosa cultura popular e que non quede no esquecemento todo aquelo que viviron os nosos devanceiros e que sustenta a base da nosa tradición.

Esta responsabilidade implica á nosa A.C. non so a celebrar anualmente a Festa do Boi senón a poñer medios e ideas para expandir eses valores por diferentes medios: escritos, artísticos, culturais…

 Datos de Contacto
Asociación Cultural Xan de Arzúa
San Lázaro 13
32660 Allariz - Ourense
festadoboi@allariz.com


ver enlace...Web da Festa do Boi
ver enlace...Canal de Videos Festa do Boi en YouTube


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting