Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Entidades e Asociacións
 
 

 


Asoc. Profesionais » A. de Artesáns

Asociación de Artesáns da Comarca de Allariz

Ampliar Foto...
Arte de Man - Feira de Artesanía
A Asociación de Artesáns da Comarca de Allariz nace no ano 2000 co fin de representar e promocionar a Artesanía alaricana.

A artesanía en Allariz xogou un papel importante na economía da vila. Así o demostra a existencia de casas de curtidos ou tecedoras. Había unha gran tradición que hoxe se conserva da mán desta Asociación na que se integran artesáns do coiro, do liño, cerámica ou bisutería.

Dende a Asociación de Artesáns promóvese a información e formación que facilite o perfeccionamento dos artesáns, un dos obxectivos primordiais desta entidade.

Levan a cabo iniciativas publicitarias organizando campañas e promocións comerciais. Un bo exemplo desto é a celebración anual, de “Arte de Man”, a feira de artesanía organizada pola Asociación para promocionar a artesanía local.

Datos contacto
Rúa do Hospital 10, baixo
32660 Allariz Ourense


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting