Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
Entidades e Asociacións
 
 

 


Fundacións » Fundación Ramón González Ferreiro

Fundación Ramón González Ferreiro

Ampliar Foto...
Edificion da Fundación
A Fundación Ramón González Ferreiro ten a súa orixe na vontade de Don Ramón González Ferreiro, natural da aldea de Paciños, no municipio de Allariz. Por desexo expreso del, a Fundación que leva o seu nome, pasa a ser herdeira de todo o seu patrimonio no momento do seu falecemento, acontecido en xullo de 1980, ao mesmo tempo que fixa os seus obxectivos, que van a enmarcarse fundamentalmente na actividade educativa. Inicia así, esta Fundación, unha importante andaina, que persegue dar resposta, non só as necesidades de Allariz e comarca, senón tamén a algunhas das que Galiza require.

Dende hai anos, a Fundación Ramón González Ferreiro mantén unha estreita colaboración co Concello de Allariz, que levou á posta en marcha de importantes proxectos para o municipio. Na actualidade, son moitas as institucións coas que existe colaboración e que dan mostra non só da importancia das actividades que se están a desenvolver, senón da apertura dun abano de áreas nas que actualmente desenvolve o seu traballo: Caixanova, Asociación Téxtil de Galicia, Asociación de Ovino-Caprino de Galicia, Instituto de Desarrollo Agrario do País Vasco, Sociedade Española de Medicina General, Universidade de Santiago. Dende 1986, a Fundación Ramón González Ferreiro está declarada de interese galego, recoñecida e clasificada como benéfico-docente pola Consellería de Educación.

Datos de Contacto
FUNDACIÓN RAMÓN GONZÁLEZ FERREIRO
Lugar Paciños – Allariz
32 667 – Ourense – España
Tlf.(+34) 988 436 182 – Fax (+34) 988 436 182
fundacion.rgf@allariz.com   info@fundacionrgf.org 


ver enlace...Páxina Oficial da Fundación Ramón González Ferreiro


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting