Banner Concello de Allariz....
 O CONCELLO       TURISMO        URBANISMO        ENTIDADES       ACTUALIDADE          inicio | portada
 
O Concello...
 
 

 


Información Xeral » Datos Físicos e Bioclimáticos

Datos Físicos e Bioclimáticos

Ampliar Foto...
vista do Monte Penama ao fondo de Allariz
O val do río Arnoia, no que se localiza máis do 80 % das terras do municipio, enmárcase entre dúas cadeas montañosas que atravesan o territorio de Oeste a Leste; unha polo Norte, cara a Cabeza de Manzaneda, con elevacións comprendidas entre 550 e 700 m; e outra polo Sur, con picos de maior altitude, entre os que sobresale o Penamá (927 m). O territorio confórmase como un gran anfiteatro entre esas dúas cadeas que arroupan unha veiga, en xeral estreita, articulada polo Arnoia. A configuración morfolóxica propiciou a súa condición de territorio de paso obrigado, cunha topografía de acusadas e constantes ondulacións.

Os solos, xeralmente son de pouco desenvolvemento (agás nas proximidades do río). Só un 10 % presenta características moi apropiadas para a producción agrícola. Outro 25 % dispón de solos aptos para ese fin, pero presentando acusadas pendentes que dificultan a mecanización. Doutra parte, o risco de xeladas é alto (entre 6 e 7 meses do ano) e o déficit de precipitacións estivais ven situarse entre 90 e os 120 días. De calquera xeito, a acción antrópica multisecular deu como resultado uns cultivos de montaña que proporcionan productos de calidade (patacas, cereal, etc.).

A temperatura media anual sitúase entre os 10’5º e os 10’6º C. As precipitacións, entre 800 e os 1.000 mm anuais. Allariz encóntrase na subrexión fitoclimática subhúmeda de tendencia centroeuropea (Allue). Dende o punto de vista da vexetación, é unha subrexión de tipo Aestilignosa representada pola alianza Quercion robori-petrae, na que é típica a asociación Quercetum roboris gallaecium.

A peza básica da súa hidrografía constiúena o río Arnoia, río modesto tanto na súa lonxitude (menos de 100 km), como en caudal (15’3 m3 por segundo na súa desembocadura), pero que mostra con claridade os tempos clásicos dun río galego . Ó longo do seu paso por terras de Allariz (aproximadamente o 15 % do seu percorrido total), o río Arnoia foi, dende a remota antigüidade, sabiamente utilizado como fonte de enerxía, gracias ás decenas de diques ou presas construídos no leito e canles de derivación para moer, regar, producir enerxía eléctrica, etc. O río Arnoia foi sempre elemento básico para a vida das poboacións alaricanas e, en boa medida, segue o sendo como peza clave no labor de recuperación do patrimonio (construído e natural) levado a cabo dende hai algo máis de dous lustros.

 


siguenos en facebook...  siguenos en Twitter...

Pago Tributos Online

Guía de Edificios Administrativos

Allariz Dixital - Administración Electrónica e Participación

Plan Estratéxico Allariz 2020 (PDF)

Boletíns Municipais

Cámaras Web...

Punto de Información Catastral

Actualidade Municipal e Axenda

Administración Local - Perfil do Contratante
 

(C) Concello de Allariz       + + +       aviso legal       + + +       Accesibilidad       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting